Co-fundadora en Alén, cooperativa especializada en consultaría en sostenibilidade e economía circular. Enxeñeira química (UCM), mestrado en negocios europeos (ESCP) e experta universitaria en sostenibilidade e innovación social (UDC). Especialista en certificacións B Corp (Multiplicadora ) e certificacións S de sostenibilidade turística (ICTE).
Actualmente desenvolve proxectos de consultaría e formación na cooperativa Alén. Participou en diversos proxectos para PYME`s, gran empresa, entidades da economía social, administración pública e terceiro sector, incluíndo diagnósticos e plans de acción de economía circular, estratexias e memorias de sostenibilidade, preparación e acompañamento en certificacións B Corp, entre outros. Deseña e imparte cursos, charlas, conferencias, talleres e moderado de mesas redondas en temáticas ligadas á economía circular, á economía social, sostenibilidade, RSC e impacto local.
Antes de especializarse en sostenibilidade, desenvolveu a súa carreira en grandes corporacións (Hermès, Sephora, Zara), como responsable de planificación e control de xestión comercial e financeira.